Novas figuras graníticas sorprenden nos montes

Mos. 30 de xaneiro. O alumnado da Escola de Cantería de Galicia vén de completar catro novas esculturas de granito que xa poden visitarse no roteiro dos muíños de Salgueira e no monte de Pereiras. As pezas representan un leñador, un home sentado, un xabaril e un raposo, e pasan a formar parte da paisaxe […]
Un innovador proxecto leva a lectura aos fogares de persoas con mobilidade reducida

Mos. 21 de Xaneiro. As persoas maiores e con mobilidade reducida poderán acceder aos recursos da biblioteca sen saír dos seus fogares grazas a “A Biblioteca a túa porta”. Este novo servizo, lanzado hoxe, busca combater o illamento social e garantir que o acceso á cultura sexa inclusivo e equitativo. O proxecto, impulsado polo departamento […]
Santa Eulalia de Atios celebra o seu centenario co triunfo no Concurso de Rondallas

O Porriño. 20 de xaneiro. Santa Eulalia de Atios proclamouse vencedora do Concurso de Rondallas celebrado este sábado no Ifevi, en Vigo. Coincidindo co seu centenario, a agrupación destacou cunha brillante interpretación do clásico “Viva la Vida” de Coldplay. O segundo posto foi para a Rondalla de Pontellas, mentres que Torroso completou o podio cunha […]
Centos de persoas vibran co VII Encontro de Ranchos

Salceda, 30 de decembro. As rúas e prazas de Salceda de Caselas convertéronse nun fervedoiro de música, danza e tradición o pasado sábado coa celebración do VII Encontro de Ranchos e Danzas Tradicionais. Organizado pola Asociación Cultural A Feira e o Concello, o evento contou coa participación de seis agrupacións chegadas de diversos puntos da […]

