Máis músculo para un equipo que xa é referencia

A Cañiza. 11 de febreiro. O pasado venres, o Club Balonmán Cañiza asegurou o seu futuro inmediato cun novo convenio que lle garante un apoio económico mensual de 1.666,67 euros, ademais do dereito de explotar o pavillón Carballo do Marco e outras vantaxes para acadar financiamento ao longo do ano. A sinatura oficial levouse a […]

A II Carreira de Empresas xera 15.000€ para loitar contra o cancro

O Porriño. 16 de xaneiro. A II Carreira de Empresas Galicia 2024 – XIII Interrunning converteuse nun exemplo de solidariedade en Galicia, cunha masiva participación que permitiu recadar 15.000€. Os fondos destinaranse a tres entidades sociais: a Asociación Española Contra o Cancro (AECC), o Banco de Alimentos de Porriño e a asociación Bicos de Papel. […]

Gloria ao deporte local: máis de 70 homenaxeados no Multiusos

Máis de 70 deportistas e 40 clubes de Mos foron homenaxeados na multitudinaria Festa do Deporte, celebrada no Multiusos das Pozas. A gala, que congregou preto dun milleiro de persoas, contou coa participación da destacada deportista Patricia Martínez como presentadora e reuniu figuras icónicas como Juan Ferrón e Soledad Castro, entre outros. Disciplínas como fútbol, […]

O Club Ximnasia Porriño estrea un novo tapiz de competición para ximnasia rítmica.

O Club Ximnasia Porriño estrea un novo tapiz de competición para ximnasia rítmica. Con 14 por 14 metros, está homologado para eventos de alto nivel e deseñado para soportar un uso intensivo. Ademais, habilitouse unha zona para a entrega de medallas, co lema “A confianza é o primeiro paso cara aos teus soños”. A instalación […]

O pavillón de Salceda renova a súa pista deportiva,

O pavillón de Salceda vén de renovar a súa pista deportiva, cambiando o antigo chan de cemento pulido por un novo de madeira de faia. A reforma busca mellorar a seguridade das persoas que practican deporte, reducindo o risco de lesións que antes eran frecuentes pola superficie esvaradía. O novo chan ofrece mellor agarre e […]

O Porriño acolle a II edición da Carreira de Empresas XIII Interrunning

O Porriño acolleu no día de onte a segunda edición da Carreira de Empresas XIII Interrunning, que reuniu a centos de corredores no circuíto urbano da vila. A proba comezou ás 09:30 coa andaina “Antonio Palacios”, cun percorrido de 6 quilómetros. Seguidamente, disputáronse as carreiras de 5K e 10K, tanto en categoría individual como por […]

O cadete do Baloncesto Caselas campión da Copa

O equipo cadete do Club Baloncesto Caselas proclamouse campión da Copa tras vencer ao Novobasket na final disputada o pasado domingo na Universidade de Vigo. O Caselas dominou o partido desde o primeiro cuarto, no que conseguiu unha ventaxa de dez puntos que lle permitiu liderar o encontro durante a maior parte do tempo. O […]