Inspección sorpresa a negocios para avaliar os seus biorresiduos

As Neves. 10 de febreiro. Hoxe arrincaron as inspeccións a establecementos comerciais para avaliar a súa xestión de biorresiduos. Durante dúas semanas, uns 25 negocios recibirán a visita de persoal técnico que verificará se separan correctamente os seus residuos e cumpren coa normativa vixente. O obxectivo é que os comerciantes sexan parte activa na xestión […]

Rodas contaminantes no Camiño Portugués preocupan á veciñanza

O Porriño. 23 de xaneiro. Un vertedoiro de rodas de máis de 100 metros de lonxitude ameaza unha das zonas de maior valor ambiental do territorio galego, As Gándaras de Budiño. Situado a escasos metros do Camiño Portugués, este depósito ilegal ocupa un hábitat de interese prioritario e protexido pola súa condición de bosque asolagado, […]

Os propietarios de fincas colapsan ante os requerimentos de limpeza

O Porriño. 9 de xaneiro. A ameaza de multas por non limpar fincas no Porriño está a levantar máis dun quebradeiro de cabeza entre os propietarios, tras o envío masivo de 5.000 notificacións por parte do Concello. A medida esixe a limpeza das parcelas nun prazo de quince días, o que está a xerar longas […]

Multas de ata 900 euros por non limpar parcelas

O Porriño. 3 de xaneiro. Propietarios de fincas do Porriño teñen algo menos de 15 días para limpar parcelas situadas en franxas secundarias, logo de que o SEAGA inspeccionase máis de 10.000 propiedades e detectase que o 50% delas precisan intervención urxente para previr incendios forestais. As notificacións emitidas indican que o incumprimento destas obrigas […]

Innovación ambiental: compost e reciclaxe a domicilio

Mos. 2 de xaneiro 2025. O Punto Limpo situado no Parque Empresarial PEMOS Veigadaña contará con importantes melloras que buscan facilitar a xestión de residuos, promover o compostaxe doméstico e fomentar a reutilización. Entre as medidas destacan a instalación dunha biotrituradora que permitirá transformar restos de poda e vexetais en material estruturante de compost, dispoñible […]