O talento da Louriña conquista Suecia

O Porriño. 31 de xaneiro. O equipo de estudantes do IES Ribeira do Louro proclamouse gañador do prestixioso concurso internacional de emprendemento International Dragon’s Den, celebrado o pasado 20 de novembro en Malmö, Suecia. Beatriz Samunto, Nuria González, Noa Rodríguez e Sergio Lage alzáronse co primeiro premio grazas ao seu innovador proxecto Greenpocket Solutions – […]

Oportunidade para adquirir competencias dixitais

Mos. 24 de xaneiro. Os veciños de Mos poderán adquirir competencias dixitais transversais grazas a unha nova iniciativa formativa que comezará no Centro de Capacitación. Este programa pretende reducir a fenda dixital e facilitar o acceso a ferramentas tecnolóxicas clave tanto para persoas en situación de desemprego como para traballadores en activo. Ademais, busca adaptar […]

Prazo aberto para aprender a usar carretillas como un experto

Mos. 22 de xaneiro. A Asociación de Empresarios de Mos (AEMOS) organiza un curso presencial de Operador de Carretillas Elevadoras, pensado para capacitar tanto a persoas sen experiencia previa como a profesionais que necesitan actualizar os seus coñecementos segundo a Norma UNE 58451. O curso desenvolverase no Vivero PEMOS e nas instalacións de DALOT, co […]

O pavillón escolar transforma o seu futuro

O Porriño. 15 de xaneiro. O pavillón do CEIP Fernández López xa está inmerso nunha reforma integral que transformará as súa instalacións en espazos modernos, accesibles e adaptados ás necesidades de toda a comunidade. As melloras inclúen a ampliación do pavillón para cumprir coas medidas regulamentarias esixidas en competicións oficiais de baloncesto, balonmán e tenis. […]

Unha nova cuberta sen amianto mellora o CEIP Xosé Fernández López

O Porriño. 13 de xaneiro. O CEIP Xosé Fernández López xa ten lista a súa nova cuberta, unha mellora que garante a seguridade do alumnado e do persoal docente. As obras consistiron na retirada da cuberta de fibrocemento, que contiña amianto e representaba un risco para a saúde, e a súa substitución por unha nova […]

AEMOS presenta un programa para destacar no inglés de negocios

Mos. 10 de xaneiro. A Asociación de Empresarios de Mos (AEMOS) anunciou o curso “Level Up Your Business English Skills”, unha formación presencial dirixida a profesionais que buscan mellorar as súas competencias no inglés empresarial. O programa desenvolverase entre o 27 de xaneiro e o 28 de xullo de 2025 no Vivero PEMOS, situado no […]

O concello do Porriño lanzou a licitación para construír dúas novas escolas infantís

O concello do Porriño lanzou a licitación para construír dúas novas escolas infantís nas parroquias de Budiño e Pontellas. En Budiño, o novo centro situarase preto do Polígono da Granxa e contará con dúas naves, patios axardinados e unha barreira verde para protexer o espazo de xogos. En Pontellas, a antiga escola unitaria será rehabilitada […]

Mos destinará 40.000 euros en axudas para libros, material escolar e comedor

O Concello de Mos destina no presente curso un total de 40.000 euros en axudas para libros, material escolar e comedor, o que beneficiará a 214 familias con fillos en idade escolar. As subvencións, dirixidas a alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria, alcanzan 41 familias máis que o ano pasado. Os 30.000 € para o […]

A parroquia porriñesa de Budiño contará cun novo parque infantil.

A parroquia porriñesa de Budiño contará cun novo parque infantil.  As obras xa comezaron nunha parcela próxima ao polígono industrial no barrio Vaquería. O espazo, de máis de 150 m2, incluirá dous balancíns, un multixogo e un bambán, para cubrir a falta de áreas de espallamento na zona. O concelleiro de Parques Infantís, Marcos Martínez, […]

A primeira promoción de bacharelato de Salceda celebrou a súa gradación no Pazo Pegullal

A primeira promoción de bacharelato de Salceda celebrou a súa gradación no Pazo Pegullal o pasado venres. No evento, 49 estudantes do Instituto Pedras Rubias celebraron a finalización dos seus estudos cun emotivo e divertido acto.   A directora do centro, Chefa Espiñeira, destacou a importancia desta promoción pioneira, lembrando os retos superados durante a […]