Mobilización masiva para frear unha infraestrutura polémica

Mos. 1 de febreiro. Os veciños veñen de mobilizarse contra o proxecto da nova autovía A-52. A xornada comezou cun pleno extraordinario no Concello, no que se aprobou solicitar a retirada do proxecto e reclamar a liberalización da peaxe da AP-9 no tramo O Porriño – Puxeiros. Pola tarde, a protesta trasladouse á Praza do […]
As traídas refórzanse con miles de euros en axudas

O Porriño. 29 de xaneiro. As comunidades de augas locais do Porriño recibirán un total de 175.000 euros en axudas para mellorar a calidade do servizo e optimizar as súas instalacións. Estes fondos permitirán reforzar o control sanitario, mellorar a rede de distribución e cubrir gastos de mantemento das traídas veciñais. As subvencións, correspondentes á […]
A Pax Celta chega a Tameiga

Mos. 27 de xaneiro. A veciñanza comuneira de Tameiga ven de acadar un acordo histórico coa directiva do Real Club Celta que pon fin a sete anos de mobilizacións en defensa do monte comunal e das traídas de auga. O acordo, ratificado na asemblea da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común, supón a retirada […]
A resposta veciñal contra a nova autovía non para

Mos. 23 de xaneiro. A veciñanza está a mobilizarse de forma masiva para presentar alegacións contra o proxecto da nova autovía A52, actualmente en exposición pública. En Mos, a recollida de sinaturas e alegacións ten alcanzado cifras históricas: máis de 6.000 documentos rexistrados, coa previsión de multiplicarse nos próximos días antes de que remate o […]
Melloras na EP-2502 para solucionar problemas de drenaxe no Porriño

O Porriño. 22 de xaneiro. A estrada provincial EP-2502, entre Cerquido e Ribadelouro, no Porriño, será renovada para solucionar os graves problemas de drenaxe que afectan un tramo dun quilómetro. A actuación contempla a substitución das tubaxes soterradas, a instalación de novos sumidoiros e a construción dunha cuneta transitable de formigón. Tamén se renovará a […]
Comezan as obras do novo auditorio municipal

O Porriño. 21 de xaneiro. As obras de construción do futuro auditorio municipal do Porriño comezaron esta semana. Con capacidade para 340 persoas e un deseño moderno e flexible, o proxecto busca atender as necesidades culturais da localidade, permitindo a organización de eventos como representacións teatrais, concertos, conferencias e exposicións. A infraestrutura, cun prazo de […]
Renóvase o camiño a Vitureira no Budiño

O Porriño. 17 de xaneiro. O acceso ás canteiras en Vacaría, na parroquia de Budiño, comezou a transformarse coa intervención que afecta a un tramo de 605 metros e un ancho medio de 7,30 metros. Esta actuación, cun prazo de execución de dous meses, busca eliminar as irregularidades que dificultaban o tránsito, mellorando a seguridade […]
Pereiras únese a loita contra o novo trazado da A-52

Mos. 17 de xaneiro. A loita veciñal contra o novo trazado da A52 chegou ata Pereiras. Este proxecto ameaza o monte comunal da parroquia, un espazo xestionado colectivamente polos veciños e esencial para a súa economía e modo de vida. Ademais, afecta dúas traídas de auga que abastecen á comunidade, poñendo en risco o acceso […]
O pavillón escolar transforma o seu futuro

O Porriño. 15 de xaneiro. O pavillón do CEIP Fernández López xa está inmerso nunha reforma integral que transformará as súa instalacións en espazos modernos, accesibles e adaptados ás necesidades de toda a comunidade. As melloras inclúen a ampliación do pavillón para cumprir coas medidas regulamentarias esixidas en competicións oficiais de baloncesto, balonmán e tenis. […]
DefendeMos organiza a resistencia fronte á nova A52

Mos. 14 de xaneiro. Os veciños de Mos mobilízanse para frear o proxecto da nova autovía A52 Vigo-O Porriño, que consideran unha ameaza directa para o seu territorio e a subministración de auga potable. Esta mañá celebrouse no salón de sesións do Concello a primeira reunión da Comisión de Seguemento do operativo, onde veciños, asociacións […]

