Veciños de Ponteareas atrapados polas obras

Ponteareas. 2 de marzo. Os veciños de Ponteareas quedaron sen poder acceder ás súas vivendas e garaxes debido ás obras de asfaltado no centro urbano, que comezaron sen comunicación previa no mes de febreiro de 2026. A actuación xerou restricións de circulación e dificultades para a vida diaria, provocando malestar entre a cidadanía. Os veciños […]

Mobilización masiva para frear unha infraestrutura polémica

Mos. 1 de febreiro. Os veciños veñen de mobilizarse contra o proxecto da nova autovía A-52. A xornada comezou cun pleno extraordinario no Concello, no que se aprobou solicitar a retirada do proxecto e reclamar a liberalización da peaxe da AP-9 no tramo O Porriño – Puxeiros. Pola tarde, a protesta trasladouse á Praza do […]

O centro mantén o tráfico tras a reforma

O Porriño. 30 de xaneiro. O tráfico seguirá dominando as rúas Pío XII e Manuel Rodríguez do Porriño a pesar das obras en marcha para reformar a contorna do Centro Social. A conexión entre Pío XII e Antonio Palacios avanza, pero sen medidas para restrinxir os vehículos nin ampliar os espazos para os peóns. O […]

Os veciños de Domingo Bueno avanzan na solución dos problemas urbanísticos

O Porriño. 28 de xaneiro. Os veciños da Avenida Domingo Bueno avanzan na solución dun problema urbanístico histórico tras a aprobación provisional dunha modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). O cambio, aprobado hoxe en pleno con 17 votos a favor e 2 abstencións, busca adaptar a aliñación oficial aos edificios consolidados entre […]

Nova rúa para unir a praza do concello cos barrios

Salceda. 27 de xaneiro. Os veciños do centro urbano de Salceda poderían contar proximamente cunha nova rúa que unirá a Praza do Concello coa Rúa Brasil. O espazo será de prioridade peonil, permitindo só o acceso de vehículos imprescindibles como emerxencias ou a futuras garaxes. O deseño inclúe zonas verdes, mobilidade inclusiva e espazos pensados […]

Construcións e reformas baten récords entre particulares

Mos. 20 de xaneiro. O ano 2024 foi testemuña dun destacado incremento no número de licenzas urbanísticas concedidas en Mos, cunha progresión especialmente notable nas obras maiores. En total, tramitáronse 666 asuntos relacionados con Urbanismo e Medio Ambiente, segundo os datos facilitados pola alcaldesa, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Urbanismo, José Ramilo. No apartado […]

A nova A52 provoca unha fronte común de oposición veciñal

Mos. 11 de xaneiro. Centos de veciños uníronse onte pola tarde no Multiusos de Petelos para manifestar o seu rexeitamento ao proxecto do novo trazado da autovía A52, proposto polo Ministerio de Transportes e Mobilidade. A infraestrutura afecta de maneira grave ás parroquias de Sanguiñeda, Petelos, Tameiga e Pereiras, poñendo en risco non só vivendas […]

O templete de San Luis brilla de novo

O Porriño. 8 de xaneiro. O templete de San Luis ven de rematar a súa restauración tras un investimento superior aos 260.000 euros, logo de que hoxe se deran por completados os traballos de rehabilitación. A obra do arquitecto Antonio Palacios, que foi parte do proxecto da primeira liña do Metro de Madrid, trasladouse ao […]

O Concello acusa á plataforma veciñal de enganar aos afectados polo “catastrazo”

O Concello de Salceda respondeu ás recentes reclamacións contra o “catastrazo” cunha dura crítica á Plataforma Veciñal, insinuando que poderían estar alentando demandas xudiciais baixo a promesa de éxito asegurado. A administración municipal asegura que as denuncias non se presentan contra o Concello, senón contra o Catastro, organismo competente para resolver este tipo de cuestións. […]