Máis músculo para un equipo que xa é referencia

A Cañiza. 11 de febreiro. O pasado venres, o Club Balonmán Cañiza asegurou o seu futuro inmediato cun novo convenio que lle garante un apoio económico mensual de 1.666,67 euros, ademais do dereito de explotar o pavillón Carballo do Marco e outras vantaxes para acadar financiamento ao longo do ano. A sinatura oficial levouse a […]

Inspección sorpresa a negocios para avaliar os seus biorresiduos

As Neves. 10 de febreiro. Hoxe arrincaron as inspeccións a establecementos comerciais para avaliar a súa xestión de biorresiduos. Durante dúas semanas, uns 25 negocios recibirán a visita de persoal técnico que verificará se separan correctamente os seus residuos e cumpren coa normativa vixente. O obxectivo é que os comerciantes sexan parte activa na xestión […]

Mobilización masiva para frear unha infraestrutura polémica

Mos. 1 de febreiro. Os veciños veñen de mobilizarse contra o proxecto da nova autovía A-52. A xornada comezou cun pleno extraordinario no Concello, no que se aprobou solicitar a retirada do proxecto e reclamar a liberalización da peaxe da AP-9 no tramo O Porriño – Puxeiros. Pola tarde, a protesta trasladouse á Praza do […]

O talento da Louriña conquista Suecia

O Porriño. 31 de xaneiro. O equipo de estudantes do IES Ribeira do Louro proclamouse gañador do prestixioso concurso internacional de emprendemento International Dragon’s Den, celebrado o pasado 20 de novembro en Malmö, Suecia. Beatriz Samunto, Nuria González, Noa Rodríguez e Sergio Lage alzáronse co primeiro premio grazas ao seu innovador proxecto Greenpocket Solutions – […]

Novas figuras graníticas sorprenden nos montes

Mos. 30 de xaneiro. O alumnado da Escola de Cantería de Galicia vén de completar catro novas esculturas de granito que xa poden visitarse no roteiro dos muíños de Salgueira e no monte de Pereiras. As pezas representan un leñador, un home sentado, un xabaril e un raposo, e pasan a formar parte da paisaxe […]

O centro mantén o tráfico tras a reforma

O Porriño. 30 de xaneiro. O tráfico seguirá dominando as rúas Pío XII e Manuel Rodríguez do Porriño a pesar das obras en marcha para reformar a contorna do Centro Social. A conexión entre Pío XII e Antonio Palacios avanza, pero sen medidas para restrinxir os vehículos nin ampliar os espazos para os peóns. O […]

As traídas refórzanse con miles de euros en axudas

O Porriño. 29 de xaneiro. As comunidades de augas locais do Porriño recibirán un total de 175.000 euros en axudas para mellorar a calidade do servizo e optimizar as súas instalacións. Estes fondos permitirán reforzar o control sanitario, mellorar a rede de distribución e cubrir gastos de mantemento das traídas veciñais. As subvencións, correspondentes á […]

Dous anos de goberno sen orzamentos á vista

Salceda. 29 de xaneiro. O municipio de Salceda continúa sen orzamentos municipais cando xa pasaron case dous anos de mandato. A oposición denuncia que non existe nin unha proposta inicial e que a xestión municipal está marcada pola inacción e a falta de proxectos novos. O grupo municipal do PSdeG-PSOE acusa ao goberno local de […]

Afaga plántalle cara ó alzheimer

Mos. 28 de xaneiro. Os maiores de Mos terán a oportunidade de exercitar a mente e previr o deterioro cognitivo grazas ao programa “Cultiva a Mente”. Esta iniciativa gratuíta, organizada por AFAGA Alzheimer, impartirase en todas as parroquias do municipio entre febreiro e xuño, ofrecendo 10 grupos de 16 persoas, ampliables segundo a demanda. As […]

Os veciños de Domingo Bueno avanzan na solución dos problemas urbanísticos

O Porriño. 28 de xaneiro. Os veciños da Avenida Domingo Bueno avanzan na solución dun problema urbanístico histórico tras a aprobación provisional dunha modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). O cambio, aprobado hoxe en pleno con 17 votos a favor e 2 abstencións, busca adaptar a aliñación oficial aos edificios consolidados entre […]