Mobilización masiva para frear unha infraestrutura polémica

Mos. 1 de febreiro. Os veciños veñen de mobilizarse contra o proxecto da nova autovía A-52. A xornada comezou cun pleno extraordinario no Concello, no que se aprobou solicitar a retirada do proxecto e reclamar a liberalización da peaxe da AP-9 no tramo O Porriño – Puxeiros. Pola tarde, a protesta trasladouse á Praza do […]

Novas figuras graníticas sorprenden nos montes

Mos. 30 de xaneiro. O alumnado da Escola de Cantería de Galicia vén de completar catro novas esculturas de granito que xa poden visitarse no roteiro dos muíños de Salgueira e no monte de Pereiras. As pezas representan un leñador, un home sentado, un xabaril e un raposo, e pasan a formar parte da paisaxe […]

Afaga plántalle cara ó alzheimer

Mos. 28 de xaneiro. Os maiores de Mos terán a oportunidade de exercitar a mente e previr o deterioro cognitivo grazas ao programa “Cultiva a Mente”. Esta iniciativa gratuíta, organizada por AFAGA Alzheimer, impartirase en todas as parroquias do municipio entre febreiro e xuño, ofrecendo 10 grupos de 16 persoas, ampliables segundo a demanda. As […]

A Pax Celta chega a Tameiga

Mos. 27 de xaneiro. A veciñanza comuneira de Tameiga ven de acadar un acordo histórico coa directiva do Real Club Celta que pon fin a sete anos de mobilizacións en defensa do monte comunal e das traídas de auga. O acordo, ratificado na asemblea da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común, supón a retirada […]

Oportunidade para adquirir competencias dixitais

Mos. 24 de xaneiro. Os veciños de Mos poderán adquirir competencias dixitais transversais grazas a unha nova iniciativa formativa que comezará no Centro de Capacitación. Este programa pretende reducir a fenda dixital e facilitar o acceso a ferramentas tecnolóxicas clave tanto para persoas en situación de desemprego como para traballadores en activo. Ademais, busca adaptar […]

A resposta veciñal contra a nova autovía non para

Mos. 23 de xaneiro. A veciñanza está a mobilizarse de forma masiva para presentar alegacións contra o proxecto da nova autovía A52, actualmente en exposición pública. En Mos, a recollida de sinaturas e alegacións ten alcanzado cifras históricas: máis de 6.000 documentos rexistrados, coa previsión de multiplicarse nos próximos días antes de que remate o […]

Prazo aberto para aprender a usar carretillas como un experto

Mos. 22 de xaneiro. A Asociación de Empresarios de Mos (AEMOS) organiza un curso presencial de Operador de Carretillas Elevadoras, pensado para capacitar tanto a persoas sen experiencia previa como a profesionais que necesitan actualizar os seus coñecementos segundo a Norma UNE 58451. O curso desenvolverase no Vivero PEMOS e nas instalacións de DALOT, co […]

Un innovador proxecto leva a lectura aos fogares de persoas con mobilidade reducida

Mos. 21 de Xaneiro. As persoas maiores e con mobilidade reducida poderán acceder aos recursos da biblioteca sen saír dos seus fogares grazas a “A Biblioteca a túa porta”. Este novo servizo, lanzado hoxe, busca combater o illamento social e garantir que o acceso á cultura sexa inclusivo e equitativo. O proxecto, impulsado polo departamento […]

Construcións e reformas baten récords entre particulares

Mos. 20 de xaneiro. O ano 2024 foi testemuña dun destacado incremento no número de licenzas urbanísticas concedidas en Mos, cunha progresión especialmente notable nas obras maiores. En total, tramitáronse 666 asuntos relacionados con Urbanismo e Medio Ambiente, segundo os datos facilitados pola alcaldesa, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Urbanismo, José Ramilo. No apartado […]

Pereiras únese a loita contra o novo trazado da A-52

Mos. 17 de xaneiro. A loita veciñal contra o novo trazado da A52 chegou ata Pereiras. Este proxecto ameaza o monte comunal da parroquia, un espazo xestionado colectivamente polos veciños e esencial para a súa economía e modo de vida. Ademais, afecta dúas traídas de auga que abastecen á comunidade, poñendo en risco o acceso […]