Nova marquesiña no IES Pino Manso: 16.000 euros para máis seguridade e confort

O Concello culminou a renovación da parada de autobús na entrada do IES Pino Manso, unha intervención moi esperada pola comunidade educativa. A nova estrutura, feita de aceiro inoxidable e cun deseño moderno que imita madeira e tella, substitúe á antiga, completamente deteriorada. Este proxecto, cun investimento superior aos 16.000 euros, busca garantir maior seguridade […]

O Concello acusa á plataforma veciñal de enganar aos afectados polo “catastrazo”

O Concello de Salceda respondeu ás recentes reclamacións contra o “catastrazo” cunha dura crítica á Plataforma Veciñal, insinuando que poderían estar alentando demandas xudiciais baixo a promesa de éxito asegurado. A administración municipal asegura que as denuncias non se presentan contra o Concello, senón contra o Catastro, organismo competente para resolver este tipo de cuestións. […]

O Porriño celebra o Día Internacional das Persoas con Diversidade

A vila do Porriño ven de celebrar o Día Internacional das Persoas con Diversidade cunha andaina polo centro, que contou coa participación de escolares, usuarios de Aceesca e AFAGA. Na praza do Concello, o concurso de paraugas reivindicativos premiou o colexio Hermanos Quiroga como gañador. Os actos incluíron a lectura do manifesto “Os Dez de […]

O Club Ximnasia Porriño estrea un novo tapiz de competición para ximnasia rítmica.

O Club Ximnasia Porriño estrea un novo tapiz de competición para ximnasia rítmica. Con 14 por 14 metros, está homologado para eventos de alto nivel e deseñado para soportar un uso intensivo. Ademais, habilitouse unha zona para a entrega de medallas, co lema “A confianza é o primeiro paso cara aos teus soños”. A instalación […]

O pleno do Concello de Mos aproba o Servizo de Axuda no Fogar

O pleno do Concello de Mos vén de aprobar o Servizo de Axuda no Fogar, cun orzamento anual de máis de 1,5 millóns de euros. O contrato inclúe melloras como acompañamento ás citas médicas para usuarios sen rede familiar, maior estabilidade das auxiliares e zonas de atención máis próximas aos domicilios. Este novo servizo, que […]

O concello de Mos pechou onte a XX edición das Xornadas Micolóxicas

O concello de Mos pechou onte as XX edición das Xornadas Micolóxicas cunha homenaxe a Tomás Alonso, hostaleiro do restaurante Adega da Tía Carmen. O recoñecemento foi pola súa participación durante 20 anos ininterrompidos. A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, entregoulle a Alonso o símbolo da rosa de Mos no Pazo de Mos, onde se […]