Unha nova cuberta sen amianto mellora o CEIP Xosé Fernández López

O Porriño. 13 de xaneiro. O CEIP Xosé Fernández López xa ten lista a súa nova cuberta, unha mellora que garante a seguridade do alumnado e do persoal docente. As obras consistiron na retirada da cuberta de fibrocemento, que contiña amianto e representaba un risco para a saúde, e a súa substitución por unha nova […]
Críticas pola falta de orzamentos para o 2025

Mos. 13 de xaneiro. O BNG de Mos fixo pública a súa preocupación pola ausencia de orzamentos municipais para o ano 2025, sinalando que a situación podería afectar gravemente á veciñanza e ao tecido asociativo local. O portavoz nacionalista no Concello, Gustavo Barcia, criticou duramente á alcaldesa, Nidia Arévalo, e á concelleira de Facenda, Feli […]
A nova A52 provoca unha fronte común de oposición veciñal

Mos. 11 de xaneiro. Centos de veciños uníronse onte pola tarde no Multiusos de Petelos para manifestar o seu rexeitamento ao proxecto do novo trazado da autovía A52, proposto polo Ministerio de Transportes e Mobilidade. A infraestrutura afecta de maneira grave ás parroquias de Sanguiñeda, Petelos, Tameiga e Pereiras, poñendo en risco non só vivendas […]
Máis de mil rondalleiros preparan o espectáculo do ano

O Porriño. 10 de xaneiro. Milleiros de rondalleiros e rondalleiras ofrecerán este domingo 12 de xaneiro o tradicional Certame de Rondallas no pavillón municipal de deportes, un evento que cada ano enche de música e cor o Nadal e esgota aforo. A cita, que comezará ás 17:30 h, contará coa participación de 16 agrupacións de […]
AEMOS presenta un programa para destacar no inglés de negocios

Mos. 10 de xaneiro. A Asociación de Empresarios de Mos (AEMOS) anunciou o curso “Level Up Your Business English Skills”, unha formación presencial dirixida a profesionais que buscan mellorar as súas competencias no inglés empresarial. O programa desenvolverase entre o 27 de xaneiro e o 28 de xullo de 2025 no Vivero PEMOS, situado no […]
Os propietarios de fincas colapsan ante os requerimentos de limpeza

O Porriño. 9 de xaneiro. A ameaza de multas por non limpar fincas no Porriño está a levantar máis dun quebradeiro de cabeza entre os propietarios, tras o envío masivo de 5.000 notificacións por parte do Concello. A medida esixe a limpeza das parcelas nun prazo de quince días, o que está a xerar longas […]
O centro de saúde do Porriño realizará tratamentos oncolóxicos

O Porriño. 9 de xaneiro. O centro de saúde do Porriño comezará a ofrecer tratamentos oncolóxicos a partir deste mes de xaneiro o que evitará que moitos pacientes teñan que desprazarse ata Vigo para recibir atención especializada. A incorporación destes tratamentos forma parte dunha ambiciosa reforma que ampliou as instalacións do centro, que agora conta […]
O templete de San Luis brilla de novo

O Porriño. 8 de xaneiro. O templete de San Luis ven de rematar a súa restauración tras un investimento superior aos 260.000 euros, logo de que hoxe se deran por completados os traballos de rehabilitación. A obra do arquitecto Antonio Palacios, que foi parte do proxecto da primeira liña do Metro de Madrid, trasladouse ao […]
Máis de 300 veciños da Louriña participan en actividades de envellecemento activo.

A Louriña. 8 de xaneiro. Máis de 300 veciños de Mos, Salceda de Caselas e O Porriño participaron durante 2024 nas actividades do programa Provincia Activa destinado a mellorar a participación social e combater a soidade das persoas maiores. Un total de 130 persoas de Mos, 162 de Salceda e 33 do Porriño tomaron parte […]
O feminismo como motor de cambio

Salceda. 7 de xaneiro. O Plan de Igualdade de Salceda de Caselas 2024-2028 foi aprobado por unanimidade para consolidar a igualdade como eixo estrutural das políticas municipais. Este documento, que guiará a acción gobernamental nos vindeiros catro anos, inclúe máis de 120 medidas agrupadas en 10 eixos estratéxicos que abarcan desde a loita contra a […]