O Concello de Mos apoia o evento “Somos industria, somos empresa”

O Concello de Mos apoiou no día donte o evento “Somos industria, somos empresa”, organizado por Empresarias Galicia. A xornada reuniu pemes e líderes do sector industrial para abordar retos como infraestruturas, sustentabilidade e economía circular. A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, destacou na súa intervención a importancia de impulsar o liderado feminino e combater […]

O concello de Salceda volve calificar como puntual a nova sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia contra o “catastrazo”

O concello de Salceda volveu calificar como puntual a nova sentenza decretada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia contra o coñecido como “catastrazo”. A alcaldesa da vila, Loli Castiñeira, sinalou que a resolución non representa unha invalidación xeral. “Unha vez máis, unha sentenza aillada que non anula a decisión do catastro no seu conxunto […]

Hoxe arranca a cuarta intervención arqueolóxica no Castro de Pereiras

Hoxe arranca a cuarta intervención arqueolóxica no Castro de Pereiras, cunha axuda de 14.000 euros da Xunta de Galicia. As escavacións estarán dirixidas por Mario Pereiro e realizadas pola empresa Castelos no Aire. O traballo centrarase en sesenta metros cadrados do segundo e terceiro socalco da parcela recentemente adquirida pola comunidade de Montes de Pereiras; […]

O Concello do Porriño pon en marcha o programa Vivendas Baleiras

O Concello do Porriño ven de poñer en marcha o Programa de Vivendas Baleiras, unha iniciativa que busca incorporar inmobles privados ao mercado de alugueiro a prezos accesibles. A través deste programa, creáranse rexistros tanto de arrendatarios como de vivendas dispoñibles, que estarán xestionados polos Servizos Sociais. O programa ofrece garantías aos propietarios, como seguros […]

O pavillón de Salceda renova a súa pista deportiva,

O pavillón de Salceda vén de renovar a súa pista deportiva, cambiando o antigo chan de cemento pulido por un novo de madeira de faia. A reforma busca mellorar a seguridade das persoas que practican deporte, reducindo o risco de lesións que antes eran frecuentes pola superficie esvaradía. O novo chan ofrece mellor agarre e […]

Atios inmersa nas obras dun novo parque infantil

A parroquia de Atios, no Porriño, está inmersa nas obras dun novo parque infantil no barrio dos Galegos. O proxecto, que comezou no dia de onte, busca cubrir a falta de espazos de xogo nesta zona, que ata o de agora non dispoñía deste tipo de instalacións para os máis cativos. As obras inclúen un […]

O Porriño acolle a II edición da Carreira de Empresas XIII Interrunning

O Porriño acolleu no día de onte a segunda edición da Carreira de Empresas XIII Interrunning, que reuniu a centos de corredores no circuíto urbano da vila. A proba comezou ás 09:30 coa andaina “Antonio Palacios”, cun percorrido de 6 quilómetros. Seguidamente, disputáronse as carreiras de 5K e 10K, tanto en categoría individual como por […]