Unha nova plataforma loxística atrae emprego ao Rebullón

Mos. 15 de xaneiro. A compañía internacional de mensaxería e paquetería GLS iniciou as súas operacións na nova plataforma loxística situada no polígono industrial do Rebullón. Desde esta base estratéxica, a empresa comeza a operar para toda a comarca, beneficiándose do acceso directo á AP-9 e á A-52. As instalacións ocupan unha superficie de 2.000 […]

A Deputación aposta polo interior das Rías Baixas na nova campaña turística

Pontevedra. 14 de xaneiro. O interior da provincia de Pontevedra é o protagonista dunha nova campaña de promoción do destino turístico Rías Baixas, presentada este martes no xardín do hotel Numa Experimental en Tomeza. A Deputación de Pontevedra lanza este proxecto baixo o lema “Cando volves?”, centrado nas experiencias e atractivos dos 61 concellos da […]

DefendeMos organiza a resistencia fronte á nova A52

Mos. 14 de xaneiro. Os veciños de Mos mobilízanse para frear o proxecto da nova autovía A52 Vigo-O Porriño, que consideran unha ameaza directa para o seu territorio e a subministración de auga potable. Esta mañá celebrouse no salón de sesións do Concello a primeira reunión da Comisión de Seguemento do operativo, onde veciños, asociacións […]

Críticas pola falta de orzamentos para o 2025

Mos. 13 de xaneiro. O BNG de Mos fixo pública a súa preocupación pola ausencia de orzamentos municipais para o ano 2025, sinalando que a situación podería afectar gravemente á veciñanza e ao tecido asociativo local. O portavoz nacionalista no Concello, Gustavo Barcia, criticou duramente á alcaldesa, Nidia Arévalo, e á concelleira de Facenda, Feli […]

A nova A52 provoca unha fronte común de oposición veciñal

Mos. 11 de xaneiro. Centos de veciños uníronse onte pola tarde no Multiusos de Petelos para manifestar o seu rexeitamento ao proxecto do novo trazado da autovía A52, proposto polo Ministerio de Transportes e Mobilidade. A infraestrutura afecta de maneira grave ás parroquias de Sanguiñeda, Petelos, Tameiga e Pereiras, poñendo en risco non só vivendas […]

AEMOS presenta un programa para destacar no inglés de negocios

Mos. 10 de xaneiro. A Asociación de Empresarios de Mos (AEMOS) anunciou o curso “Level Up Your Business English Skills”, unha formación presencial dirixida a profesionais que buscan mellorar as súas competencias no inglés empresarial. O programa desenvolverase entre o 27 de xaneiro e o 28 de xullo de 2025 no Vivero PEMOS, situado no […]

Innovación ambiental: compost e reciclaxe a domicilio

Mos. 2 de xaneiro 2025. O Punto Limpo situado no Parque Empresarial PEMOS Veigadaña contará con importantes melloras que buscan facilitar a xestión de residuos, promover o compostaxe doméstico e fomentar a reutilización. Entre as medidas destacan a instalación dunha biotrituradora que permitirá transformar restos de poda e vexetais en material estruturante de compost, dispoñible […]

Gloria ao deporte local: máis de 70 homenaxeados no Multiusos

Máis de 70 deportistas e 40 clubes de Mos foron homenaxeados na multitudinaria Festa do Deporte, celebrada no Multiusos das Pozas. A gala, que congregou preto dun milleiro de persoas, contou coa participación da destacada deportista Patricia Martínez como presentadora e reuniu figuras icónicas como Juan Ferrón e Soledad Castro, entre outros. Disciplínas como fútbol, […]

Alarma pola nova proposta da autovía Vigo-Porriño

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, reuniuse este xoves cos voceiros da Corporación Municipal e con representantes veciñais para abordar a polémica en torno ao novo trazado da autovía Vigo-Porriño. As xuntanzas celebráronse no Concello, coa participación de técnicos municipais e dos portavoces do PSOE e BNG, co obxectivo de analizar as consecuencias dunha proposta […]