O pleno do Concello de Mos aproba o Servizo de Axuda no Fogar

O pleno do Concello de Mos vén de aprobar o Servizo de Axuda no Fogar, cun orzamento anual de máis de 1,5 millóns de euros. O contrato inclúe melloras como acompañamento ás citas médicas para usuarios sen rede familiar, maior estabilidade das auxiliares e zonas de atención máis próximas aos domicilios. Este novo servizo, que […]

O concello de Mos pechou onte a XX edición das Xornadas Micolóxicas

O concello de Mos pechou onte as XX edición das Xornadas Micolóxicas cunha homenaxe a Tomás Alonso, hostaleiro do restaurante Adega da Tía Carmen. O recoñecemento foi pola súa participación durante 20 anos ininterrompidos. A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, entregoulle a Alonso o símbolo da rosa de Mos no Pazo de Mos, onde se […]

O Concello de Mos traballa en melloras en camiños e infraestruturas locais

O Concello de Mos traballa en melloras en camiños e infraestruturas locais cun investimento de preto de 700.000 euros. Asfaltáronse os camiños das Chousas e dos Balados en Cela e outros 17 viais en varias parroquias, sumando un total de 5 quilómetros. Tamén se repoñen muros de contención nos camiños da Míllara e da Muralla, […]

Mos destinará 40.000 euros en axudas para libros, material escolar e comedor

O Concello de Mos destina no presente curso un total de 40.000 euros en axudas para libros, material escolar e comedor, o que beneficiará a 214 familias con fillos en idade escolar. As subvencións, dirixidas a alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria, alcanzan 41 familias máis que o ano pasado. Os 30.000 € para o […]

Mos recibirá máis de 10 millóns de euros da Xunta en 2025

O Concello de Mos recibirá máis de 10 millóns de euros dos orzamentos da Xunta para 2025, un investimento histórico que impulsará varios proxectos clave. Destacar os 5 millóns de euros destinados ao novo Centro de Coidados Intermedios no Rebullón, que será o segundo de Galicia e permitirá a recuperación completa dos pacientes antes de […]

O Concello de Mos apoia o evento “Somos industria, somos empresa”

O Concello de Mos apoiou no día donte o evento “Somos industria, somos empresa”, organizado por Empresarias Galicia. A xornada reuniu pemes e líderes do sector industrial para abordar retos como infraestruturas, sustentabilidade e economía circular. A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, destacou na súa intervención a importancia de impulsar o liderado feminino e combater […]

Hoxe arranca a cuarta intervención arqueolóxica no Castro de Pereiras

Hoxe arranca a cuarta intervención arqueolóxica no Castro de Pereiras, cunha axuda de 14.000 euros da Xunta de Galicia. As escavacións estarán dirixidas por Mario Pereiro e realizadas pola empresa Castelos no Aire. O traballo centrarase en sesenta metros cadrados do segundo e terceiro socalco da parcela recentemente adquirida pola comunidade de Montes de Pereiras; […]