O pavillón de Salceda renova a súa pista deportiva,

O pavillón de Salceda vén de renovar a súa pista deportiva, cambiando o antigo chan de cemento pulido por un novo de madeira de faia. A reforma busca mellorar a seguridade das persoas que practican deporte, reducindo o risco de lesións que antes eran frecuentes pola superficie esvaradía. O novo chan ofrece mellor agarre e […]
Salceda prepara un novo obradoiro de emprego

Os veciños de Salceda prepáranse para recibir un novo obradoiro de emprego que arrincará en decembro deste ano e rematará en setembro de 2025. Este programa, no que participarán vinte persoas, combinará formación teórica con tarefas prácticas en albanelería e carpintería. O alumnado traballador encargarase da recuperación de varios elementos do patrimonio local, como os […]
Roubos, vandalismo e verteduras ilegais

Roubos, vandalismo e verteduras ilegais e o que denuncian un grupo de nove comunidades de montes do sur da Provincia, especialmente de Salceda e O Porriño. Na Picoña, denunciase o lanzamento de pedras despois de baleirar unha balsa contra incendios, ou que sinais foran destruídas a tiros. En Atios, o vandalismo afectou ó mobiliario das […]
Arranca unha nova edición do Pincho Folk

Hoxe arranca en Salceda unha nova edición do Pincho Folk. O popular concurso de pinchos regresa a vila durante todo o mes de setembro. Ata o día 28, os venres e sábados, de oito da tarde a once da noite, 14 establecementos ofrecerán pinchos por 1,50€ Os venres, poderanse degustar pratos como a fabada de […]
A Deputación de Pontevedra aproba a renovación da pista do pavillón municipal de Salceda

A Deputación de Pontevedra aprobará hoxe venres en Xunta de Goberno un investimento de preto de 90.000 euros para a renovación da pista do pavillón municipal de Salceda. O presidente da deputación, Luis López, valorou así este proxecto: “So 92 mil euros que se destinan a tal fin e que vai implicar pois loxicamente un […]
CRI-TIC Infancia e xuventude con criterio dixital

O Concello de Salceda acaba de lanzar a actividade “CRI-TIC Infancia e xuventude con criterio dixital”. Durante o verán, 24 adolescentes do municipio recibirán formación en ciberseguridade, robótica e realidade virtual. A Concellaría de Ensino, Selene González, sinalou que : “É un orgullo colaborar coa Fundación Esplai para mellorar as competencias dixitais da mocidade e […]
O cadete do Baloncesto Caselas campión da Copa

O equipo cadete do Club Baloncesto Caselas proclamouse campión da Copa tras vencer ao Novobasket na final disputada o pasado domingo na Universidade de Vigo. O Caselas dominou o partido desde o primeiro cuarto, no que conseguiu unha ventaxa de dez puntos que lle permitiu liderar o encontro durante a maior parte do tempo. O […]
A primeira promoción de bacharelato de Salceda celebrou a súa gradación no Pazo Pegullal

A primeira promoción de bacharelato de Salceda celebrou a súa gradación no Pazo Pegullal o pasado venres. No evento, 49 estudantes do Instituto Pedras Rubias celebraron a finalización dos seus estudos cun emotivo e divertido acto. A directora do centro, Chefa Espiñeira, destacou a importancia desta promoción pioneira, lembrando os retos superados durante a […]