A II Carreira de Empresas xera 15.000€ para loitar contra o cancro

O Porriño. 16 de xaneiro. A II Carreira de Empresas Galicia 2024 – XIII Interrunning converteuse nun exemplo de solidariedade en Galicia, cunha masiva participación que permitiu recadar 15.000€. Os fondos destinaranse a tres entidades sociais: a Asociación Española Contra o Cancro (AECC), o Banco de Alimentos de Porriño e a asociación Bicos de Papel. […]
A oposición trata de “low cost” a restauración do templete

O Porriño. 16 de xaneiro. A restauración do Templete de San Luis, unha das obras máis emblemáticas de Antonio Palacios, ven de xerar un estoupido de polémica no Porriño. A agrupación socialista local denuncia que a intervención realizada pola Xunta de Galicia deixou o monumento incompleto, ao omitir a reposición da marquesina de cristal orixinal, […]
O pavillón escolar transforma o seu futuro

O Porriño. 15 de xaneiro. O pavillón do CEIP Fernández López xa está inmerso nunha reforma integral que transformará as súa instalacións en espazos modernos, accesibles e adaptados ás necesidades de toda a comunidade. As melloras inclúen a ampliación do pavillón para cumprir coas medidas regulamentarias esixidas en competicións oficiais de baloncesto, balonmán e tenis. […]
A Deputación aposta polo interior das Rías Baixas na nova campaña turística

Pontevedra. 14 de xaneiro. O interior da provincia de Pontevedra é o protagonista dunha nova campaña de promoción do destino turístico Rías Baixas, presentada este martes no xardín do hotel Numa Experimental en Tomeza. A Deputación de Pontevedra lanza este proxecto baixo o lema “Cando volves?”, centrado nas experiencias e atractivos dos 61 concellos da […]
Unha nova cuberta sen amianto mellora o CEIP Xosé Fernández López

O Porriño. 13 de xaneiro. O CEIP Xosé Fernández López xa ten lista a súa nova cuberta, unha mellora que garante a seguridade do alumnado e do persoal docente. As obras consistiron na retirada da cuberta de fibrocemento, que contiña amianto e representaba un risco para a saúde, e a súa substitución por unha nova […]
Máis de mil rondalleiros preparan o espectáculo do ano

O Porriño. 10 de xaneiro. Milleiros de rondalleiros e rondalleiras ofrecerán este domingo 12 de xaneiro o tradicional Certame de Rondallas no pavillón municipal de deportes, un evento que cada ano enche de música e cor o Nadal e esgota aforo. A cita, que comezará ás 17:30 h, contará coa participación de 16 agrupacións de […]
Os propietarios de fincas colapsan ante os requerimentos de limpeza

O Porriño. 9 de xaneiro. A ameaza de multas por non limpar fincas no Porriño está a levantar máis dun quebradeiro de cabeza entre os propietarios, tras o envío masivo de 5.000 notificacións por parte do Concello. A medida esixe a limpeza das parcelas nun prazo de quince días, o que está a xerar longas […]
O centro de saúde do Porriño realizará tratamentos oncolóxicos

O Porriño. 9 de xaneiro. O centro de saúde do Porriño comezará a ofrecer tratamentos oncolóxicos a partir deste mes de xaneiro o que evitará que moitos pacientes teñan que desprazarse ata Vigo para recibir atención especializada. A incorporación destes tratamentos forma parte dunha ambiciosa reforma que ampliou as instalacións do centro, que agora conta […]
O templete de San Luis brilla de novo

O Porriño. 8 de xaneiro. O templete de San Luis ven de rematar a súa restauración tras un investimento superior aos 260.000 euros, logo de que hoxe se deran por completados os traballos de rehabilitación. A obra do arquitecto Antonio Palacios, que foi parte do proxecto da primeira liña do Metro de Madrid, trasladouse ao […]
Máis de 300 veciños da Louriña participan en actividades de envellecemento activo.

A Louriña. 8 de xaneiro. Máis de 300 veciños de Mos, Salceda de Caselas e O Porriño participaron durante 2024 nas actividades do programa Provincia Activa destinado a mellorar a participación social e combater a soidade das persoas maiores. Un total de 130 persoas de Mos, 162 de Salceda e 33 do Porriño tomaron parte […]