O concello do Porriño lanzou a licitación para construír dúas novas escolas infantís

O concello do Porriño lanzou a licitación para construír dúas novas escolas infantís nas parroquias de Budiño e Pontellas. En Budiño, o novo centro situarase preto do Polígono da Granxa e contará con dúas naves, patios axardinados e unha barreira verde para protexer o espazo de xogos. En Pontellas, a antiga escola unitaria será rehabilitada […]

O Porriño acolle a Oficina Móbil de Atención ós emigrantes retornados

O Porriño acolleu a semana pasada a Oficina Móbil de Atención ós emigrantes retornadas, que dende 2020 asesorou máis de 5.000 familias. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o alcalde, Alejandro Lorenzo, visitaron a unidade, que ofrece axuda en trámites administrativos, sanidade, educación, emprego e vivenda para facilitar o retorno. A iniciativa […]

O Concello do Porriño pon en marcha o programa Vivendas Baleiras

O Concello do Porriño ven de poñer en marcha o Programa de Vivendas Baleiras, unha iniciativa que busca incorporar inmobles privados ao mercado de alugueiro a prezos accesibles. A través deste programa, creáranse rexistros tanto de arrendatarios como de vivendas dispoñibles, que estarán xestionados polos Servizos Sociais. O programa ofrece garantías aos propietarios, como seguros […]

Atios inmersa nas obras dun novo parque infantil

A parroquia de Atios, no Porriño, está inmersa nas obras dun novo parque infantil no barrio dos Galegos. O proxecto, que comezou no dia de onte, busca cubrir a falta de espazos de xogo nesta zona, que ata o de agora non dispoñía deste tipo de instalacións para os máis cativos. As obras inclúen un […]